Fóra das aulas hai, nos centros, dous espazos privilexiados para traballar os valores de igualdade: o patio de xogos e a biblioteca escolar. As bibliotecas escolares son lugares únicos para a aprendizaxe da convivencia e dos valores democráticos, de igualdade e de cidadanía.
O 25 de novembro é unha data do calendario civil que as bibliotecas escolares integraron nas súas programacións porque cómpre unha chamada de atención fronte a actitudes larvadas de violencia contra as nenas e as mulleres (con presenza nas relacións sociais, na publicidade ou en moitos produtos audiovisuais), que fixan valores contrarios á igualdade. Ao igual que nos asuntos da Cultura de Paz ou no fomento da lectura, de nada sirven aquí os globos de colores, é urxente ír ao cerne dos asuntos e desenmascarar as verdaderas causas da violencia de xénero. A literatura, a poesía, sempre nos vai axudar, pero o profesorado das bibliotecas escolares bota man da imaxinación e xorden actividades creativas de moito interese por todos os recunchos. Velaquí algúns exemplos:
- CEIP Campolongo (Pontevedra): Cadea humana contra va violencia de xénero (centros de Pontevedra) -- 25 de novembro na escola e na rúa
- CEIP de Cespón (Boiro): Actividades Día Internacional contra a violencia de xénero
- CEIP P. Covas ( Viveiro):Mannequin challenge STOP á violencia de xénero
- CEIP Espiñeira (Cangas): Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller
- CEIP Pena de Francia (Mos): Conmemorando o25 de novembro
- CEIP A Pontenova (A Pontenova): A Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller.
- CEIP Plurilingüe Virxe do Carme (Sober): Mannequin challenge para o 25 de novembro contra a violencia de xénero
- CPI A Cañiza (A Cañiza): Proposta de traballo e ecursos para o 25N
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños): Rompendo cos estereotipos (25 novembro)
- CPI P. Cabo da Area (Laxe): Spotify 25N
- CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal): A Quinta contra a violencia de xénero
- CPI de San Sadurniño (San Saduniño): Recursos para o Día Internacional contra a violencia de xénero -- Actos no Día contra a violencia de xénero
- EEI Barrionovo (Arteixo): Contando en feminino -- EncontXo con "A nena da tela" (sobre Louis Bourgeois)--Xuntando retallos de vida -- Instalación (tea de araña)-- Guía de lectura 25N: Tecendo... -- E as palabras retomaron o tecido
- IES Concepción Arenal (Ferrol): Selección de materiais contra a violencia de xénero - Carteis contra a violencia de xénero
- IES Johán Carballeira (Bueu): O Johán Carballeira detense para deter a violencia contra a muller
- IES Lamas de Castelo (Carnota): Frases contra a violencia de xénero -- Actividades 25N
- IES Laxeiro (Lalín): O IES Laxeiro, contra a violencia de xénero, un ano máis
- IES Lucus Augusti (Lugo): Día contra a violencia de xénero
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo): Día Internacional contra a violencia de xénero 1 -- 2 -- 3
- IES Monte Neme (Carballo): Mural en contra da violencia de xénero
- IES A Pinguela (Monforte de Lemos): Día contra a violencia de xénero (perfomance)
- IES Pino Manso (O Porriño): Día contra a violencia de xénero
- IES de Porto do Son (Porto do Son): Black Friday IESON -- 25 de novembro. Venres negro
- IES Salvador de Madariaga (A Coruña): Escoitas o que escoitas? Día contra a violencia de xénero
- IES San Paio (Tui): Con V de vídeo e violencia -- Selección de arte contra a violencia de xénero
- IES Universidade Laboral (Culleredo): 25N: Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller
- IES Xograr Afonso Gomez de Sarria (Sarria): Contra a violencia de xénero