Os días 18 e 19 de novembro, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, terán lugar as VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, a cita anual do profesorado interesado polas bibliotecas escolares, a lectura e as competencias en medios e información (ALFIN/AMI).
Serán día e medio intensos dedicados a revisar algúns aspectos fundamentales sobre a biblioteca escolar e as súas funcións nos centros educativos, como soporte e ferramenta imprescindible para unha educación acorde ás necesidadees do alumnado do século XXI e no contexto galego.
Xunto coa difusión de experiencias de interese en todos os ámbitos de actuación da biblioteca escolar (promoción da lectura, traballo coa información, metodoloxía de proxectos, implicación das familias na construción de lectores, apoio ao desenvolvemento do currículo, integración das TIC, interculturalidade e atención á diversidade (biblioteca inclusiva)... Así mesmo haberá unha sesión para comunicacións super-breves titulada "A fume de carozo" no que se poderán coñecer un máximo de 10 actividades "potentes" procedentes de 10 centros (en breve abrirase o prazo de propostas).
A lectura e as linguaxes artísticas, as narracións transmedia, a poesía, a educación artística ou musical, a metodoloxía de proxectos e as necesarias transformacións no modelo de biblioteca escolar serán tema para a reflexión e a ampliación de coñecementos, axudados por expertos nos seus ámbitos como Andrea Giráldez, Xosé Tomás, Silvia González Goñi, Mónica Muñoz Sobrino e Asunción Carballo, Glória Durban, Maria Conceição Tomé, Carlos C. Scolari e Fran Alonso.
Até o día 23 de outubro está aberto o prazo de inscrición en FPROFE: https://www.edu.xunta.es/fprofe/ empregando a referencia G1602011.
As candidaturas que desexen inscribirse na actividade "A fume de carozo" deberán remitirse até o 25 de outubro.
- PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS "A FUME DE CAROZO"
- PROGRAMA
- CENTROS SELECCIONADOS PARA ACTIVIDADE "A FUME DE CAROZO"