O Portal Educativo publicou o 12 de abril a Convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 11 de abril de 2016, do III Concurso de Traballos por Proxectos, coordinados ou coa participación da biblioteca escolar, correspondente a traballos realizados durante o curso 2015/2016. Poderán participar os centros non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e O.U.
Establécense varias modalidades:
- Proxectos de carácter interdisciplinario (os chamados Proxectos Documentais Integrados), coordinados desde a biblioteca escolar, que conten cunha participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula existentes no centro (ou cun 40% dos departamentos).
- Proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento, coas seguintes sub-modalidades: Traballos de grup/nivel - Traballos de ciclo/departamento - Proxectos realizados na materia de libre configuración de 1º/2º de ESO "Investigación e Tratamento da Información", ou noutras materias equivalentes de ESO ou primaria.
A temática do proxecto escollida pode ser de calquera ámbito do coñecemento, pero contemplarase un apartado especial de traballos de ámbito científico. Entre as investigacións presentadas recoñeceranse un total de 18 proxectos.O prazo límite de presentación da solicitude de participación e da memoria correspondente remata o 30 de xuño de 2016.