O CEIP Canosa-Rus, de Coristanco (A Coruña) involucrouse durante o curso 2014/2015 nun proxecto documental integrado, coa participación de toda a comunidade educativa, baixo o título RUS ENTRE PLANETAS. Este traballo mereceu un dos premios do II Concurso de Traballos por Proxectos, convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na modalidade de Proxectos Documentais Integrados coordinados desde a biblioteca escolar.
Planificación, liderazgo da biblioteca e a excelente coordinación dos diferentes equipos docentes son claves no desenvolvemento deste proxecto que permitiu ás nenas e nenos do Canosa-Rus achegarse ao mundo da astronomía desde distintos ámbitos e participar así dunha experiencia de aprendizaxe viva e enriquecedora. A memoria do proxecto resume obxectivos, contidos e tarefas realizadas, entre outras cuestións, e a web específica do proxecto amplía toda a información e permítenos coñecer con maior profundiade o traballo realizado e o clima de implicación (e de satisfacción) dos distintos sectores da comunidade educativa. Ensino de calidade no rural galego!