O Portal Educativo publica a Resolución de 3 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dan a coñecer os traballos galardoados no II Concurso de Traballos por Proxectos, coordinados ou apoiados pola biblioteca escolar, e que corresponden a actividades levadas a cabo durante o curso 2014/2015. Presentáronse un total de 79 traballos de distintas modalidades e coas máis variadas temáticas.
Os 16 centros premiados recibirán as asignacións previstas para cada modalidade e que se detallan na resolución, que deberán destinar a atender necesidades da biblioteca escolar, especialmente no ámbito da información.
En breve comezarase a difusión dos diferentes proxectos a través desta mesma páxina.
Na imaxe, alumnado do IES Lagoa de Antela, nunha sesión de traballo na biblioteca.