Fóra de control
A quen chamo, como visto, onde andabas metida...
En canto valoras, my boy, este corte de mangas?
Carlos Negro. Penúltimas tendencias
Desde o IES Lucus Augusti (Lugo) chéganos este vídeo informativo sobre as orixes da celebración do 25 de novembro como Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Desde as bibliotecas escolares apóiase a conmemoración deste día no que os actos han ser coherentes coa finalidade: desterrar o machismo da nosa sociedade, a través da educación e a "tolerancia 0" coas actitudes e manifestacións que o expresan e o alimentan.
- CEIP Frián-Teis (Vigo): 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero
- CPI Cabo da Area (Laxe): Lecturas para un 25N diferente
- CPI da Cañiza (A Cañiza): 25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero
- EEI Barrionovo (Arteixo): Guía CONTRA a Violencia de Xénero - Stopmotion: Di non e punto
- IES Concepción Arenal (Ferrol): Tríptico da semana contra a violencia de xénero
- IES Laxeiro (Lalín): 25 N. Novamente
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo): 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero-- Non á violencia de xénero
- IES Pazo da Mercé (As Neves): Día 25 de Novembro
- IES Santiago Basanta Silva (Vilalba): Todo o centro contra a violencia de xénero (varias entradas sobre o 25N)
- IES Xoán Montes (Lugo): Día contra a Violencia de Xénero