Desde a biblioteca do CEIP Canosa-Rus, de Coristanco (A Coruña) chéganos esta infografía que describe moi ben o proceso dun traballo de busca documental e que constitúe un material de interese para o profesorado que está a traballar as competencias no uso, tratamento e produción de información co seu alumnado, ben sexa a través das materias de libre configuración de primaria ou de 1º/2º Curso de ESO, ou en calquera outra materia na que se pretenda habituar ao alumndo á realización de pequenos traballos de investigación, con consulta de diversas fontes, contraste da información e elaboración de traballos propios.
Nesta páxina hai xa recollidos moitos materiais elaborados polo profesorado nos últimos anos que pode resultar útil á hora de abordar os contidos de alfabetización informacional e mediática (baixo a etiqueta ALFIN ou Educación Documental), pero imos recoller algúns tamén nesta entrada [EN CONSTRUCIÓN]
1. MATERIAIS DE FORMACIÓN DE USUARIOS:
- Como atopar un libro na biblioteca. CEIP Sofía Casanova (Culleredo, A Coruña)
- Formación de usuarios 2014/2015. IES Monte das Moas (A Coruña)
- Como buscar información nos libros. CEIP Vales Villamarín (Betanzos, A Coruña)
- Presentación da biblioteca para 1º BAC. Ies Pedro Floriani (Redondela, Pontevedra)
- Vídeo sobre a CDU. IES A Xunqueira II (Pontevedra)
- Manual de uso dun lector electrónico. CEIP Condesa de Fenosa (O Barco, Ourense)
- Manual de uso dun lector electrónico. CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra)
- Como traballamos na biblioteca escolar do CEIP de Quintela (Moaña, Pontevedra)
- Manual sobre a CDU. CEIP de Quintela (Moaña, Pontevedra)
- Guía da biblioteca do CEIP Milladoiro (Malpica, A Coruña)
- Manual sobre a CDU. CEIP da Torre-Cela (Bueu, Pontevedra)
- Presentación da biblioteca. EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña)
- Actividades de formación de usuarios. CEIP de Pedrouzos (Brión, A Coruña)
- Servizos da biblioteca do IES de Celanova (Celanova, Ourense)
- Formación de usuarios 2015-2016 do CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra)
- Vídeo para coñecer a etiquetaxe dos libros na biblioteca e os valores da CDU.CEIP Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras, Ourense)
- Tes que saber (MEIGA, textos presentables, CDU, ...). IES de Celanova (Celanova, Ourense)
- Formación de usuarios. CEIP do Seixo (Marín, Pontevedra)
2. RECURSOS PARA O TRABALLO COA INFORMACIÓN
- Tratamento da información e competencia dixital. Documentos para portfolio do alumnado. Olga Rodríguez (CEIP Milladoiro. Malpica de Bergantiños, A Coruña)
- Guía de investigación na rede.CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos, A Coruña)
- Procura en Internet. CEIP Canosa- Rus (Coristanco, A Coruña)
- Recursos para a investigación. CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra)
- Educación documental. IES Xoán Montes (Lugo)
- Aprendendo a investigar. CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal, Pontevedra)
- Guía ALFIN. IES Sofía Casanova (Ferrol, A Coruña)
- Seguridade na rede. Mª Luz Paramio Gutiérrez.
- Webs fiables. Mª Luz Paramio Gutiérrez.
- Aprender a buscar na rede con eficiencia. Olga Rodríguez e Charo Sánchez Gabriel
- Como presentar un traballo escrito. IES Illa de Arousa (A Illa de Arousa, Pontevedra)
- Como facer un traballo monográfico. CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra)
- Guía para aprender a buscar en Internet. CEIP Reibón (Moaña, Pontevedra)
- Tic para Investigación e Tratamento da Información. IES Monte Carrasco (Cangas do Morrazo, Pontevedra)
3. RECURSOS PARA O TRABALLO POR PROXECTOS
4. OUTROS RECURSOS PARA ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL E MEDIÁTICA