O programa "Bibliotecas Escolares Solidarias", que botaba a andar o pasado 5 de decembro de 2014, contemplaba entre as súas accións, a concesión anual dun SELO "BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA" como recoñecemento a aquelas bibliotecas que son o resultado do esforzo de comunidades educativas atentas ás necesidades de todos os seus integrantes en materia de lectura e de acceso ao coñecemento.
Valoradas as candidaturas presentadas, concédense selos de "biblioteca escolar solidaria" a catro centros de ensino primario:
- CEIP de Leirado, de Salvaterra de Miño (Pontevedra)
- CEIP Montemogos, de Bueu (Pontevedra)
- CEIP Plurilingüe A Pontenova, de A Pontenova (Lugo)
- CEIP Seis do Nadal, de Vigo (Pontevedra)
Este selo é un distintivo de calidade en termos de traballo solidario e a favor da comunidade educativa, no ámbito da lectura e as compensacións das desigualdades en materia de acceso aos recursos culturais e de aprendizaxe. Parabéns ás comunidades educativas destes centros. (En breve publicarase un resume das súas actividades).
ACCESO á Resolución da Dirección Xeral de Centros e RRHH, de 16 de xuño de 2015, que dá a coñecer a concesión destes selos, correspondentes ao ano 2015.