A Asamblea Xeral da UNESCO aprobaba en 1999 o Manifesto da Biblioteca Escolar, elaborado pola IFLA, International Federation of Library Associations and Institutionsm que agrupa ás asociacións de bibliotecarios e documentalistas dos distintos sectores, con maior significación nos distintos países. A IFLA publica pautas e orientacións destinadas ás bibliotecas públicas e escolares e insta aos gobernos a tomar medidas para o progreso destas institucións ao servizo da sociedade.
O Manifesto IFLA/UNESCO é a pauta que orienta as intervencións en materia de bibliotecas escolares nos sectores máis innovadores, a referencia para as adminstracións que deseñan programas de actualización destes recursos educativos.