A primavera entra cun sorriso poético nas bibliotecas escolares galegas. O 21 de marzo, declarado pola UNESCO en 1999 como Día Mundial da Poesía, é unha data clave nas bibliotecas para tratar de vincular ao alumnado a un xénero literario dos que moitos adultos din "gustar" e poucos len. Existe tamén (nos adultos), o preconcepto de que "aos rapaces non lles gusta a poesía", que cae polo seu peso en canto se lles acompaña no acceso aos textos poéticos e se lles permite achegarse de forma libre á poesía. Velaquí algunhas das actividades levadas a cabo nestes días nas bibliotecas escolares do país:
- CEIP Alexandre Bóveda (Redondela): Día da poesía
- CEIP de Andrade (Pontedeume): Muller- mar - poesía
- CEIP A Pontenova (a Pontenova): Día Mundial da Poesía
- CEIP Cabada Vázquez (A Estrada): Celebramos o Día Mundial da Poesía
- CEIP de Cespón (Boiro): 21 de marzo, Día da Poesía
- CEIP de Frián-Teis (Vigo): Marzo, un mes moi poético
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño): Creación de poemas visuais
- CEIP Mestres Goldar (Vigo): Semana da Poesía 2015, Museo de cadros poéticos
- CEIP Quintela (Moaña): Poemas do sol -- Un poema e unha flor
- CEIP Saco e Arce (Toén): Prensa e poesía?
- CPI de San Sadurniño(San Sadurniño): Día Mundial da Poesía -- Vento mareiro
- EEI Barrionovo (Arteixo): Día da Poesía: De rúa en rúa...
- IES Pazo da Mercé (As Neves): Xogando coa poesía
- IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz): Día da Poesía
- IES San Paio (Tui):Con P de Primavera e Poesía, con F de Felicidade
- IES Xoán Montes (Lugo): Poesía nas artes e nas matemáticas -- Haikus descarreirados