A Asociación Galega de Editores decidiu conceder o Premio "Francisco Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e cultural, correspondente ao ano 2014, ás Bibliotecas Escolares de Galicia. O pasado venres 13 de marzo, o conselleiro Cultura, Educación e O.U. recibiu o premio, no acto celebrado no Pazo da Cultura de Pontevedra, en representación de todo o profesorado e das comunidades educativas que fan posible a existencia de bibliotecas activas e útiles nos centros educativos galegos.
Desde a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, e desde a Asesoría de bibliotecas escolares, agradécese aos editores galegos este recoñecemento. Xa en ocasións anteriores, os editores galegos amosaran interese polos programas de mellora das bibliotecas escolares e de fomento da lectura no contexto educativo ao convidar a integrantes da Asesoría de bibliotecas escolares para participar no seu simposio anual do libro e da lectura, en diferentes anos, co fin de expoñer as características e os logros destas iniciativas da administración educativa galega. Agradécense, así mesmo, estas ocasións para dar visibilidade a unha realidade educativa e cultural que contribúe á mellora dos índices de lectura da sociedade galega, e traballa por ofrecer oportunidades de aprendizaxe renovadoras e actuais a todo o alumnado.
- AGE: As Bibliotecas Escolares de Galicia recibirán o Premio Francisco Fernández del Riego
- AGE: Os Premios da Edición entréganse este venres no Pazo da Cultura de Pontevedra
- AGE: Os Premios da Edición 2014 foron entregados onte en Pontevedra
- Brétemas:Noite da Edición 2015
- Portal Educativo: Román Rodríguez subliña que o Premio Fernández del Riego...
- Rede Lectura: Premio Fernández delRiego para Bibliotecas Escolares de Galicia
- Rede Lectura: Premios da Edición 2014