Na véspera do 8 de marzo, Día Internacional dá Muller, que se vén celebrando por iniciativa da UNESCO desde 1975, iniciamos a recollida de propostas e actividades das bibliotecas escolares galegas que nos van chegando, como exemplo visible do que se está a facer nos centros co fin de sensibilizar ao alumnado e educalo nos valores de igualdade e xustiza.
A mensaxe de Irina Bukova, directora xeral da UNESCO, por mor deste día, afirma que "debemos apoiar o empoderamiento da muller como forza de transformación en favor dos dereitos humanos, o crecemento económico e a sustentabilidade, e facer da igualdade entre homes e mulleres un elemento central de todos os esforzos de desenvolvemento. "
- CEIP Frián-Teis (Vigo): Unha muller na primeira xesta sanitaria
- CEIP Mestres Goldar (Vigo): Sete mulleres con luz propia
- CEIP Milladoiro (Malpica): Biografías de mulleres en formato audiovisual
- CEIP A Pedra (Bueu): 8 de marzo, Día Internacional da Muller
- CEIP A Pontenova (A Pontenova): Día daMuller Traballadora
- CEIP Ramón de Valenzuela (antes CEIP de Bandeira, Silleda): 8 de marzo
- CEIP Saco e Arce (Toén): As mulleres tamén pintan
- CEIP Salgado Torres (A Coruña): Non fai falta ser muller para loitar polos dereitos da muller
- CEIP de Sigüeiro (Oroso): Ela é... muller
- CEIP Virxe do Carme (Burela): Día da Muller Traballadora
- CMUS Xan Viaño (Ferrol): Feminismo e música -- 8 de marzo, unha colaboración da ANPA
- CPI A Cañiza (A Cañiza): Día da Muller Traballadora
- CPI de San Sadurniño (San Sadurnniño): María Woneburger, a mociña de Montrove que se dedicou ás matemáticas.
- EEI Barrionovo (Arteixo): As mulleres nas rúas da Pastoriza -- Estas mulleres merecen unha rúa
- IES Félix Muriel (Rianxo): As mulleres que len...
- IES Fernando Esquío (Neda): 8 de marzo, Día da Muller Traballadora -- A muller na I Guerra Mundial, carteis da exposición
- IES Fontem Albei (A Fonsagrada): 8 de marzo no Fontem Albei
- IES Laxeiro (Lalín): Poemas para o 8 de Marzo
- IES Lucus Augusti (Lugo): 8 de marzo de 2015
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo): Trivial Feminista (do Observatorio da Mariña pola Igualdade)
- IES Pazo da Mercé (As Neves): 8 de marzo
- IES Porto do Son (Porto do Son): Ser, mirar, escoitar: a mullero e o patrimonio
- IES Salvador de Madariaga (A Coruña): Día Internacional da Muller (achega das rapazas do Club de lectura "Sopa de Letras", de 1º de ESO)
- IES San Paio (Tui): As Precursoras -- Muller e música -- Con F de film e feminino 1 -- Con F de film e feminino 2
- IES Universidade Laboral (Culleredeo): Hoxe celebramos o Día da Muller Traballadora
- IES Xoán Montes (Lugo): Mulleres tras as liñas
Na imaxe, mozas lendo no IES Laxeiro (Lalín)