A finais do curso 2013/2014 remitiuse un formulario web de avaliación aos 115 centros participantes no Proxecto E-LBE, iniciado en novembro de 2012 co fin de introducir os lectores electrónicos nas bibliotecas integradas no Plan de mellora de bibliotecas escolares. Pretendíase recolleras valoracións do equipo de biblioteca en relación coa súa experiencia cos lectores electrónicos. Respostaronao formulario, no prazo sinalado, 105 centros. A partir das súas respostas elaborouse o presente INFORME.
O proxecto E-LBE foi unha oportunidade para introducir os dispositivos de lectura dixital nas bibliotecas escolares, motivar ao profesorado a coñecer as súas posibilidades e facilitar ao alumnado oportunidades de achegamento ao libro dixital, nun contexto de aprendizaxe e coa guía do profesorado. Permitiu, así mesmo, que o alumnado das zonas rurais puidese achegarse á realidade do libro electrónico e vivir a experiencia da lectura neste tipo de dispositivos. Desta forma, a biblioteca escolar podía cumprir unha das súas funcións, a de paliar as desigualdades no acceso aos recursos culturais. Cómpre lembrar que a ubicación do centro en concello de baixa densidade de poboación foi un dos criterios á hora de atender as solicitudes de participación neste programa.