O alumnado de ensino infantil do CEIP Juan Rey (Lourenzá, Lugo) aprendeu moito sobre os paxaros e os seus niños con este proxecto titulado "O niño de Cecilia", que levaron a cabo no 3º trimestre do curso 2013/2014. Este traballo mereceu un dos premios da modalidade Proxecto de investigación de ciclo/departamento (temática científica), no Concurso de Traballos por Proxectos.
A partir dunha anécdota real (A Cecilia trouxéranlle seus pais como agasallo, logo dunha viaxe a Francia, un niño artificial de paxaros), iinventaron un conto "O niño de Cecilia", nvestigaron sobre as aves e os seus niños, observáronas con atención e tomaron boa nota nas correspondentes fichas de observación, fixeron un libro sobre os paxaros, elaboraron un libro de recitas con ovos...