Arredor deste 25 de novembro son moitas as bibliotecas escolares que apoian cos seus recursos e as súas actividades a formación do alumnado para a igualdade e contra a violencia de xénero. Este Día Internacional para a eliminación da violencia contra a Muller, segundo a ONU, chega con estatísticas inundando os informativos sobre unha realidade que debería avergoñar á sociedade que a permite.
O vídeo que ilustra esta entrada é un material de traballo elaborado en colaboración polo Equipo de Biblioteca, o Departamento de Orientación e outro profesorado do centro, no IES Lucus Augusti, de Lugo, co fin de traballalo nas titorías co alumnado. Podemos ver todo o material elaborado desta proposta, O maltrato nin en pintura, no blogue da biblioteca.
Outras iniciativas para tratar esta temática (tan urxente entre os adolescentes segundo nos amosan algúns estudos realizados, por exemplo, en Andalucía), procedentes de bibliotecas escolares de toda Galicia:

- CEIP Alexandre Bóveda (Redondela): Suxestións de actividades para o 25 de novembro
- CEIP Andrade (Pontedeume): Adaptación teatral "Unha feliz catástrofe"
- CEIP Frián-Teis (Vigo): O maltrato si é cousa de nenos
- CEIP Mestres Goldar (Vigo): O 25 de novembro, nós tamén damos a cara -- Polas mulleres luz.. -- Makeing-of do Spot publicitario "Nós tamén damos a cara"
- CEIP P. A Pontenova (A Pontenova): Conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.
- CEIP Sofía Casanova (Culleredo): Día laranxa
- CPI da Cañiza (A Cañiza): selección de recursos contra a violencia de xénero.
- CPI de Panxón (Nigrán): Enredadas no medo
- EEI Barrionovo (Arteixo): A historia en feminino -- Guía de lectura-- A historia en feminino-2
- IES Blanco Amor (Ourense): Mural contra a violencia de xénero
- IES Fontem Albei (A Fonsagrada): Seguimos coa mesma canción
- IES Laxeiro (Lalín): Libro do Mal Amor -- +Actividades
- IES Lucus Augusti (Lugo): 25 de novembro (final da exposición)
- IES Pazo da Mercé (As Neves): Selección de recursos e actividades, 25 de Novembro.
- IES Pédras Rubias (Salceda de Caselas): Recursos para analizar e traballar os malos tratos -- Recursos para o BO TRATO
- IES de Ribadeo: Selección de textos contra a violencia de xénero .
- IES San Paio (Tui): + Poesía = - Violencia de Xénero. Crestomatía poética. Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
- COMUNIDADE EDUCATIVA DE TORNEIROS (O PORRIÑO): IES Ribeira do Louro, CEIP Antonio Palacios, CPI da Ribeira, ACEESCA, Centro de Maiores. Acto conxunto contra a violencia de xénero.