Coincidindo co mes da biblioteca escolar, neste mes de outubro, a Asesoría de Bibliotecas Escolares daba a coñecer unha nova aplicación que, baixo o nome de MALETAS VIAXEIRAS, permite ás bibliotecas dos centros interesados a reserva de maletas de diferentes temáticas para levar en préstamo temporal, como apoio ás súas actividades.
Ademais das xa coñecidas sobre cómic, lectura, Camiño de Santiago, Os mundos de Cunqueiro, matemáticas, e materiais para as familias, veñen de incorporarse dúas maletas moi especiais e que poden ser do interese dos centros de ensino secundario e formación profesional. Trátase das maletas de "economía", cunha selección coidada de libros e recursos audiovisuais que poden contribuír ao coñecemento das claves para entender o momento económico e social que vivimos nos últimos anos, pero tamén para introducir ao alumnado no ensaio, un xénero que precisa dun lector específicamente activo.
As maletas ofrécense en préstamo temporal (15 días, agás excepcións) e os centros deben recollelas e entregalas na Asesoría de bibliotecas escolares (Consellería de Educación, San Caetano, Santiago de Compostela), persoalmente ou a través dos medios que consideren oportuno. INSTRUCIÓNS