Información sobre a reserva das Maletas viaxeiras

Destinatarios:
A reserva de Maletas viaxeiras está dispoñible para todos os centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que desexen participar.

Solicitude: para solicitar a maleta deberá cubir tódolos campos que figuran no formulario de reserva.

Confirmación:
unha vez realizada a solicitude recibirase na conta oficial de correo electrónico do centro unha mensaxe que conterá un enlace que permitirá confirmar dita solicitude polo centro educativo.

De non confirmarse dita solicitude nun prazo dunha semana, será eliminada e non será tida en conta.

Duración: a duración do préstamo será, como máximo, de un mes. Non obstante, poderase realizar unha prórroga do mesmo no caso de non esistir novas solicitudes da mesma maleta.

Recollida e devolución: o centro solicitante comprométese a recoller e devolver a maleta no seu lugar de localización.

Documentos relacionados: Protocolo para intercambio directo entre centros (PDF).

Enlace á aplicación: Maletas viaxeiras.