O Ministerio de Educación vén de convocar o Premio Marta Mata á calidade dos centros educativos, correspondente ao ano 2007.
"O obxectivo do mesmo é recoñecer, destacar e dar visibilidade á traxectoria daqueles centros docentes non universitarios que se teñan distinguido polas súas boas prácticas e polo esforzo compartido da comunidade educativa na busca da mellora da acción educativa, para conseguir unha educación de calidade para todos. "
Nos criterios de selección, se recolle, entre outros: "Que o centro docente, no marco dos obxectivos educativos plantexados pola Unión Europea, adopte medidas organizativas e curriculares para colaborar na creación dun entorno de aprendizaxe aberta, desenvolver a iniciativa e a autonomía persoal do alumnado, mellorar a aprendixzaxe de idiomas estranxeiros e abrir o centro ao contorno, ao mundo do traballo e á sociedade en xeral, realizando intercambios con outros centros e participando en redes educativas."
Unha biblioteca escolar activa constitúe un factor de calidade do ensino que se oferta no centro. Moitas realidades de centros escolares galegos, con bibliotecas escolares consolidadas, entran de cheo nas condicións desta convocatoria, que pode ser unha oportunidade para facer visible un traballo sistemático a prol dunha educación integral do alumnado.
Texto completo da convocatoria publicada no BOE
O prazo de presentación de candidaturas remata o 13 de xullo.