Desde o CEIP Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras) poñen a disposición de todos nós esta actividade LIM sobre o uso e manexo dos lectores electrónicos. Unha boa actividade de formación de usuarios en liña destinada a que o alumnado coñeza, antes de empregalos, os e-readers e as súas partes e operacións máis básicas.
Podedes acceder á aplicación desde o seguinte enlace: Manual lector electrónico.