Desde o CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño) poñen a nosa disposición unha presentación sobre usos alternativos para os dispositivos de lectores electrónicos. Neste caso trátase de explorar as posibilidades dispoñibles para poder subliñar, tomar notas, enviar e buscar información nos seus propios textos.