O curso precipítase cara ao mes dos libros, pero antes fai unha paradiña na poesía, de forma significativa. O día 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. a instancias da UNESCO, e as bibliotecas escolares aproveitan para estimula a lectura deste xénero e para encher corredores e aulas de palabra poética.
"Como expresión profunda do espírito humano, como arte universal, a poesía é unha ferramenta de diálogo e achegamento. Ao dar acceso á expresión auténtica dunha lingua, a difusión da poesía contribúe ao diálogo entre as culturas e ao entendemento mutuo", afirma Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, con motivo desta celebración.
Velaquí algúns materiais e iniciativas levadas a cabo polas bibliotecas escolares:
- CEIP Alexandre Bóveda (Redondela): Proposta Día da Poesía
- CEIP de Andrade (Pontedeume): Un poema, un agasallo -- Imos facer un poema dadaísta -- Como non ler un poema
- CEIP Castrillón-Coiro (Cangas): Recital poético
- CEIP de Cespón (Boiro): Proposta Día da Poesía
- CEIP Frián-Teis (Vigo): Así celebramos o Día da Poesía
- CEIP Nosa Señora dos Remedios (Ponteareas): Tecendo poemas
- CEIP Porto Cabeiro (Redondela): Día da Poesía lendo a Rosalía e a Díaz Castro
- CEIP Quintela (Moaña): Marzo, mes da poesía -- Día da Poesía
- CEIP Ría de Vigo (Vigo): Día da Poesía
- CEIP Saco e Arce (Toén): Poesía na equipaxe
- CEIP Santiago Apóstolo (Franza-Mugardos): Escolma poética -- Recital de poesía
- CEIP Serra-Vincios (Gondomar): Viaxe pola poesía
- CPI da Cañiza (A Cañiza): 21 de marzo, Día da Poesía (recursos e propostas)
- CPI Tino Grandío (Guntín): Obradoiro de Rap con García MC
- EEI Barrionovo (Sanxenxo): Poética mariñeira
- IES Agra de Raíces (Cee): 21 de marzo, Día Mundial da Poesía
- IES As Lagoas (Ourense): 21 de marzo
- IES de Fene (Fene): Día Internacional da Poesía
- IES Illa de Tambo (Marín): Día da Poesía
- IES Marco do Camballón (Vila de Cruces): Día Internacional da Muller e Día Mundial da Poesía
- IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas): O bosque das linguas do amor
- IES de Poio: Día da Poesia. Apadriñamentos lectores - Poesía visual
- IES Ribeira do Louro (O Porriño): Escola poética para o Día da Poesía -- Poesía visual -- Lendo cos maiores en Torneiros
- IES San Paio (Tui): Primavera e/é Poesía (escolma poética) -- Primavera e música -- A poesía e a primavera con música entran
- IES Xoán Montes (Lugo): Pegadas poéticas --"A pantasma da casa da matanza" e Rosalía de Castro
- IES Xograr Afonso Gómez (Sarria): Día Mundial da Poesía
E como achega de interese, incorporamos aquí a entrada que fixo Agustín Fernández Paz no seu blog para este día: Chove para que eu soñe, tomando prestado o verso de Uxío Novoneyra.