Son moitos os camiños da educación en valores nos que a biblioteca ten un papel fundamental, e a organización dun concerto solidario cunha causa xusta pode ser un deses camiños. Cando se trata, ademais, dun centro especializado en ensinanzas musicais, a actividade entronca radicalmente co currículo que imparte e coa formación integral imprescindible. E aí está a biblioteca.
Velaquí a proposta do Conservatorio Profesional de Música de Vigo que, en colaboración coa Asociación ASPERGA (Asociación de Familias de Persoas Afectadas pola Síndrome Asperger), de Vigo, está a organizar unha xornada específica sobre o síndrome de Asperger, cunha charla dirixida a alumnado, familias e calquera outra persoa interesada en coñecer "como se debe actuar cun neno, cunha unha nena, afectados por este síndrome". Será o 20 de febrerio ás 18,30h. da tarde. Posteriormente, alumnado do centro dará un concerto solidario para recadar fondos para a devandita asociación.
Desde aquí damos difusión a esta actividade pero, especialmente, celebramos o feito de que a biblioteca participe neste tipo de iniciativas que, finalmente, reforzan vínculos de cidadanía, pero ademais, son plataforma para a difusión dos avances do alumnado do centro nas materiais que lles son propias como alumnos de estudos musicais.