NO CEIP Vales Villamarín, de Betanzos, que participa na iniciativa Voluntariado de Lectura - A, existe un grupo de colaboradores da biblioteca que teñen moi claras as súas competencias, tal e como lemos no blogue da biblioteca e podemos apreciar nestas imaxes:
63 nenas e nenos de 5º de E.P. forman o grupo de alumnos colaboradores da biblioteca, que, en parellas, desenvolven moi ben as súas tarefas:
Acompañar ao alumnado do 1º ciclo na travesía cara a biblioteca.
Axudar no cumprimento das normas.
Colaborar cos demais, especialmente co alumnado de 1º ciclo, a buscar libros apropiados á súa idade e gustos.
Colocar e axudar a colocar correctamente os libros nos andeis.
Retirar os libros deteriorados.
Participar no taller de reparación de libros deteriorados, denominado Hospital de libros.