Son moitas as bibliotecas que contan con alumnado colaborador e todas e todos eles están realizando, de seguro, unha actividade de voluntariado cultural, de voluntariado de lectura. Na imaxe,colaboradora de biblioteca do CEIP Mestres Goldar (Vigo)
Pero ademais, algúns centros acolléronse á iniciativa "Voluntariado de Lectura -A" da Consellería de Cultura, Educación e O.U., que procura, en consonancia con esta dinámica xa creada nas bibliotecas escolares, contribuír á formación das nenos e dos nenos en actitudes de solidaridade e de colaboración ao ben común e, tamén, vinculalos á actividade lectora. Comezan a chegar algunhas novas sobre actividades encadradas nesta iniciativa:
- CEIP Salgado Torres (A Coruña): Avós ilusionados (sesións de contacontos en residencias de maiores)
- CEIP de Covas (Viveiro, Lugo): Visita á residencia de anciáns (sesión de contos co kamishibai, poemas, cancións...)
- CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense): Visita ao Centro de Día de Maiores de Toén (contos, dramatizacións, cancións, xogos...)