O mes de marzo foi un mes para encontros e reencontros entre as xentes do Plambe.
Celebráronse en Sanxenxo e Santiago, os pasados 1, 2 e 10 de marzo, os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, 2006/2007, no se que atoparon os responsables das bibliotecas dos centros que se veñen de incorporar ao programa neste curso que camiña.
O 23 de marzo, reuníuse á súa vez en Santiago o profesorado responsable das bibliotecas do PLAMBE_1, os centros que se integraran no Plan de mellora na súa primeira convocatoria, no ano 2005.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
programa_encontros_santiago.pdf | 331.64 KB |
Programa_Sanxenxo.pdf | 451.48 KB |