As bibliotecas escolares contemplan nos seus programas algunhas actividades pensadas para implicar ás familias na formación dos nenos e nenas como lectores. As mochilas viaxeiras ou as bolsas destinadas ao alumnado de infantil, e que serven para gardar o libro que collen en préstamo na biblioteca para levar á casa, son dous exemplos destes LIBROS QUE VAN E VEÑEN e que vinculan á biblioteca coa casa, espazos privilexiados para inciar aos máis pequenos na lectura. Editouse un tríptico informativo sobre as distintas posibilidades de colaboración entre a biblioteca e as familias que se envía xunto coas bolsas de "libros que van e veñen". A modo de exemplo:
As bibliotecas poden ofrecer:
- Un espazo reservado ás familiar: o recuncho dos pais e das nais
- Unha sección de materiais seleccionados segundo os intereses de nais e pais
- Programa de mochilas viaxeiras
- Actividades de lectura compartida
- Acceso a internet
- Recursos lectrónicos seleccionados
- Orientación sobre lecturas
- Guías de lectura, recomendacións de libros, cine, música...
- Club de lectura, faladoiros, tertulias. Cinefórum
- Obradoiros específicos (como ler un conto, como contar un conto...)
- Actividades como "Lemos xuntos" (Sanxenxo), para apoiar os vínculos familia-escola e lectura.