Nesta semana entre o 21 e o 25 de outubro sucedéronse as actividades destinadas a salientar o papel da biblioteca escolar no centro. Foron moitas as bibliotecas que prepararon un programa especial para dar a coñecer a toda a comunidade educativa os recursos e os servizos que ofrecen, e avanzar así no aproveitamento das oportunidades da biblioteca escolar. Velaquí algúns exemplos:
- Xogos de pistas na biblioteca escolar. CEIP Quintela (Moaña, Pontevedra)
- Programación especial Día da biblioteca, no IES Antón Losada Diéguez (A Estrada, Pontevedra)
- Día da biblioteca escolar, IES Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra)
- Historia dos expedientes secretos. CPI A Cañiza (A Cañiza, Pontevedra)
- Semana das bibliotecas escolares: Asteriz e Obelix. IES Fernando Esquío (Neda, A Coruña)
- Día da biblioteca. CEIP Mestres Goldar (Vigo, Pontevedra)
- Boletín informativo especial Día da Biblioteca. CEIP Escultor Acuña (Vigo, Pontevedra)
- Guía da biblioteca en formato cómic -- Tríptico sobre a biblioteca. CEIP Manuel Cordo Boullosa (Ponte Caldelas, Pontevedra)
- Amadriñamentos/apadriñamentos lectores. CEIP O Ramo (Fene, A Coruña)
- Día da Biblioteca. CEIP DE LEIRADO (Salvaterra de Miño, Pontevedra)
- Celebrando o Día da Biblioteca. IES de Poio (Poio, Pontevedra)
- Outubro, mes da biblioteca. IES Lucus Augusti (Lugo)-- GUÍA DE LECTURA: LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR
- A festa da biblitoeca. CEIP de Bandeira (Silleda, Pontevedra). Estrea do vídeo realizado polo alumnado de 6º de ensino Primario:
Pola súa parte, a Asesoría de bibliotecas escolares aproveitou esta semana para dar a coñecer uns vídeos sobre boas prácticas en bibliotecas escolares, gravados en distintos centros PLAMBE, que se poden ver todos agrupados neste enlace