CEIP Milladoiro (Malpica, A Coruña) from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
Traballar para que o alumnado acade competencia informacional, adquira habilidades no uso e na produción de materiais informativos, saiba consultar fontes informativas diversas (máis aló do libro de texto) e constrúa o seu coñecemento, co uso de instrumentos de distinto tipo, incluídos os dixitais, e mediante traballos colaborativos, é tarefa complexa e de longo percorrido. Sábeno ben no CEIP Milladoiro, de Malpica que levan tempo programando actividades para a adquisición da competencia informacional a través de distintas propostas da biblioteca escolar. A través deste vídeo podemos asistir a situacións de aprendizaxe que van orientadas a adquirir esta e outras competencias.