A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publicaba o pasado 2 de setembro, no Portal Educativo (e no contexto do programa Hora de ler, para o fomento da lectura en centros de ensino), a convocatoria pola que se incentiva o funcionamento de clubs de lectura en centros de ensino secundario, correspondente ao curso 2013/2014.
Esta iniciativa vai destinada a aqueles centros que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional (tanto en réxime ordinario como de persoas adultas), ou ensinanzas de réxime especial. Distribuiranse un total de 165.000€ para custear os gastos derivados da actividade do club, fundamentalmente a adquisición de libros que, posteriormente se incorporan aos fondos da biblioteca escolar. (Na imaxe, un grupo de lectura do IES de Melide).
O prazo de presentación de solicitudes, segundo o modelo recollido no anexo I da convocatoria, remata o 11 de outubro de 2013.