No VII Encuentro Internacional de Educación 2012/2013, da Fundación Telefónica, foi presentado este Rap de la Educación 2.0, realizado por Yllana, con produción musical de El Langui e Keru Dj. Cómpre escoitar os protagonistas do proceso educativo, neste momento, falando da urxencia por introducir a tecnoloxía na educación, xunto con valorees e formas de comunicar actuais; seguramente representan neste rap as necesidades da gran maioría de rapaces que asisten ás aulas en institutos e centros de formación profesional. Desde logo, debera ser unha chamada de atención máis, unha máis das que nos están facendo a cotío, formándose pola súa conta, en contextos informais e non precisamente rigurosos con valores e criterios de veracidade ou fiabilidade. Desde as bibliotecas escolares estase facendo un esforzo importante por conectar con estas necesidades e achegar a todas e todos recursos e oportunidades de aprendizaxe 2.0. Pero aínda queda moito por facer.