Os centros de ensinanzas de réxime especial, como os conservatorios de música, deben adaptar as súas bibliotecas escolares á especificidade de ensinanzas e alumnado. Cando o fan, contribúen á adquisición das competencias que este alumnado debe desenvolver, así como á posta en marcha dos programas do centro.
Son varios os conservatorios que están a convertir as súas bibliotecas en auténticos centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe, adaptados ás necesidades de alumnado e profesorado, e que son, á fin, centros culturais para a súa comunidade educativa. Estas bibliotecas poderían ser, incluso, bibliotecas especializadas dentro do seu entorno, capaces de subministrar recursos específicos a outros centros máis xeralistas, cando a organización do centro e os recursos humanos e materiais o fixesen posible.
Animamos a coñecer, a través dos seus blogues, a dinámica dalgunhas destas bibliotecas, comezando pola do CMUS de Vigo, que está aprogramas actividades de gran interese, complementarias ao labor das distintas áreas educativas presentes no centro (Ademais de cubrir necesidades básicas coma o préstamo, a consulta en sala e outros servizos habituais). Ver blogue
E tamén, a biblioteca do CMUS de Lugo