Desde o IES Pedras Rubias, de Salceda de Caselas (Pontevedra), achégannos un excelente material para traballar a competencia informacional co alumnado, froito dun Grupo de Traballo que se desenvolveu no centro ao longo do curso 2011/2012. Segundo nos conta a responsable da biblioteca o título que lle deron a este material está ben xustificado: A nosa unidade trata de solucionar a educación documental dixital, a través dunha especie de "Caderno de bitácora" no que guiarse para aprender buscas na Rede, distinguir páxinas fiables, etc. En definitiva, a tan nomeada e necesaria alfabetización dixital. ACCESO a "Caderno de Bitácora". Educación documental dixital.