Publícase en formato pdf un CADERNO INFORMATIVO 2012/2013 coa relación de todos os centros integrados actualmente no Plan de mellora de bibliotecas escolares, xunto con outras informacións de interese: blogues de bibliotecas escolares galegas, blogues dos clubs de lectura, orientacións sobre o modelo de biblioteca escolar, pautas para a actualización da colección da biblioteca, informacións relacionadas co Proxecto Lector de Centro, propostas da consellería en relación con bibliotecas escolares e lectura, materiais a disposición dos centros para o fomento da lectura, bibliografía e recursos dixitais en relación coas bibliotecas escolares, a alfabetización informacional ou o fomento da lectura... (Trátase dun documento en revisión que se actualizará periódicamente).