O Portal Educativo publica hoxe, 4 de setembro, a convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se incentiva o funcionamento de clubs de lectura, para o curso 2012/2013, en centros públicos que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.
Esta iniciativa está encadrada no programa HORA DE LER para o fomento da lectura en centros de ensino, integrando á súa vez no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 15 de outubro.