Desde hai varios anos, algunhas bibliotecas escolares ofrecen préstamos especiais para o verán ao conxunto da comunidade educativa. Alumnado, familias, profesorado, persoal non docente... teñen acceso a lotes de libros para acompañar o período de vacacións. Na imaxe, a biblioteca do IES As Mariñas de Betanzos, un dos centros pioneiros neste tipo de actividades (préstamos dun máximo de dez títulos por lector ou lectora). Pero hai moitos outros:
-
IES Chamoso Lamas (O Carballiño, Ourense) (4 libros máximo)
-
IES A Xunqueira II (Pontevedra) (sen límite de exemplares)
-
IES Torrente Ballester (Pontevedra) (sen límite e ao longo do verán "se o centro está aberto")
-
IES Ribeira do Louro (O Porriño, Pontevedra) (ata tres libros, en xullo tamén, con compromiso de volta na 1ª semana do curso)
-
CPI Cernadas de Castro (Lousame, A Coruña) (campaña "os libros tamén van de vacacións, con 24 mochilas en préstamo para o alumnado de 6º de primaria; os membros do club de lectura, sen límite de títulos para o verán)
-
IES Pedra da Aguia (Camariñas, A Coruña) (ata 5 títulos por persoa)
-
IES de Valga (Valga, Pontevedra) (amplíase o prazo durante todo o verán)
-
CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense) (sen límite de títulos e para toda a comunidade educativa)
-
CEIP Plurilingüe A Pedra (Bueu, Pontevedra) (préstamo especial na última semana de xuño)
-
IES Elviña (A Coruña) (a toda a comunidade educativa)
-
IES Lagoa de Antela (Xinzo da Limia, Ourense) (Exposición previa de materiais "recomendados". Un máximo de 10 e 2 Dvds)
-
IES Poeta Añón (Outes, A Coruña) (sen límites, sempre que non se teñan pendentes de devolución)