Para ver o streaming: Ler en Mancomún
O sábado, nove de xuño, a partir das 10,00h, poderanse seguir nesta páxina as sesións plenarias da V Xornada dos Clubs de lectura, que se celebra en Santiago de Compostela, no Palacio de Congresos. Están convocados os profesores e profesoras que coordinan os clubs de lectura existentes en 215 centros de ensino público de Galicia (para alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional, adultos e ensinanzas de réxime especial), en virtude da convocatoria de axudas da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no contexto do programa HORA DE LER, para o fomento da lectura nos centros de ensino. Nesta ocasión asisten tamén á xornada alumnos destes clubs, así como nais e pais que participan nos grupos de lectura de adultos que teñen algúns destes clubs. En total, a actividade reúne arredor dos libros e da lectura a 420 participantes.