O DOG do 7 de maio fai pública a ORDE do 26 de abril de 2012 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitsaria, para o curso 2012/2013.
Seleccionaranse 55 novos centros e, así mesmo, poderán continuar no programa aqueles centros xa integrados que presenten a documentación oportuna, en tempo e forma, e acaden valoración positiva na memoria do presente curso 11/12. Esta actuación está cofinanciada polo Ministerio de Educación, en virtude do Convenio de colaboración para a mellora das bibliotecas escolares (Addenda 2010), un programa de cooperación entre as dúas administracións educativas, asinado en 2006.
O prazo de presentación de solicitudes é de UN MES a partir da data de publicación, sendo a data límite o 7 DE XUÑO.
-
ACCESO AOS ANEXOS (escribir directamente e imprimir)