Os vindeiros 19 e 20 de abril, o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela reunirá a 315 asistentes e estes Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012. Nesta ocasión danse cita en Santiago profesoras e profesores que coordinan os equipos de biblioteca de máis de 300 centros incluídos no programa nas últimas convocatorias (desde a 4ª á 7ª), asistindo así mesmo asesores e asesoras da Rede de formación do profesorado que colaboran neste ámbito.
Ademais das conferencias previstas (Casildo Macías, Elena Martín, Santiago Fernández, José Antonio Millán, entre outros), tamén haberá espazo para a difusión de experiencias de calidade, arredor dos proxectos interdisciplinares e as pequenas investigacións que, co apoio da biblioteca escolar e os seus recursos, permiten dotar ao alumnado de habilidades para o uso e produción da información, contribuíndo á adquisición de competencias básicas, especialmente as competencias de "tratamento da información e competencia dixital" e a de "aprender a aprender".
-
ACCESO AOS MATERIAIS (entrada como "convidado")