No contexto do pasado congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Santiago de Compostela, o Ministerio de Educación distribuíu entre os asistentes e fixo a presentación do "Marco de referencia para las bibliotecas escolares", documento elaborado no seo da Comisión Técnica de Bibliotecas Escolares (que está integrada á súa vez no Consejo de Cooperación Bibliotecaria), da que forman parte representantes do Ministerio e das distintas CCAA que traballan en materia de bibliotecas escolares e lectura nas respectivas consellerías. Tal e como se di na introdución deste documento, "el Ministerio de Educación ha creído conveniente elaborar unas orientaciones dirigidas a todos los miembros de la comunidad escolar, especialmente a los responsables de las políticas educativas y a cuantos técnicos y asesores docentes deben poner en marcha, asesorar o evaluar las bibliotecas de cada centro".
Este "documento de Santiago" presenta o modelo de biblioteca escolar que precisa o actual sistema educativo, sinala as condicións básicas para o seu correcto funcionamento e os ámbitos de actuación que, desde a biblioteca escolar, permiten o desenvolvemento de metodoloxías activas. Pode ser un instrumento para a formación dos integrantes dos equipos de biblioteca, para a orientación das comunidades educativas á hora de analizar a situación da súa biblioteca escolar e de planificar melloras na práctica xa iniciada. Xunto coa guía para a autoavaliación da biblioteca escolar, Bibliotecas escolares, ¿entre interrogantes?, tamén presentada no seo do congreso, constitúe unha equipaxe valiosa para quen, desde distintos postos e ámbitos de actuación, está interesado polas bibliotecas escolares e a calidade da ensinanza nos centros.
Outras referencias na Rede: