Comezou o curso con novas tristes para as bibliotecas escolares galegas. Máis aló das cuestións laborais e profesionais, a Vida segue o seu curso e ás veces "manda parar". Diante da nova do pasamento dunha compañeira, Mª Dolores Martínez Tobío, responsable da biblioteca do IES Luís Seoane, de Pontevedra, as compañeiras e compañeiros do Plan de mellora de bibliotecas escolares deixaron aflorar os seus sentimentos de solidaridade e o seu recoñecemento a unha profesional que, entre outras achegas, participara de forma moi activa na última proposta colaborativa deste colectivo, Salvando libros.
Mesturas, do IES Sánchez Cantón, é un dos blogs dos moitos que se sumaron a esta iniciativa. Agradecémoslles ás súas responsables a ensamblaxe necesaria para esta ENTRADA colectiva en lembranza de Mª Dolores .