O BOE de hoxe, 1 de abril, publica a Resolución da Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional, pola que se convoca o concurso nacional de boas prácticas para a dinamización e innovación das bibliotecas dos centros escolares para o ano 2011. Premiaranse prácticas que se inscriban nos seguintes ámbitos:
-
A utilización da biblioteca como recurso didáctico e de integración curricular polos diferentes departamentos, áreas ou materias, a través de traballos de aula-biblioteca.
-
O uso da biblioteca como fonte de información, que favoreza o traballo interdisciplinar mediante proxectos documentais complexos.
-
A educación documental e a formación de usuarios.
-
O desenvolvemento dun plan de lectura integrado no Proxecto Educativo do centro, que implique a outros sectores da comunidade educativa, abrindo a biblioteca escolar ao medio, e establecendo redes de colaboración con outras bibliotecas.
-
O uso das tecnoloxías da información e comunicación ao servizo da biblitoeca escolar (bibliotecas virtuais, acceso ao catálogo, formación, etc.)
O prazo de presentación de solicitudes remata o 17 de maio de 2011.