A Revista Galega de Educación, publicación de Nova Escola Galega, dedícalle o monográfico do seu número 48, aínda quente e ulindo a tinta, ás Bibliotecas Escolares.
Este monográfico recolle artigos de bibliotecas escolares galegas, repartidas por todo o país, ilustrando cada un deles un aspecto dos moitos que presentan na actualidade estes importantes recursos educativos. En conxunto, debuxan un panorama rico e diverso. Complétase con artigos introdutorios de Manuel Area e de Pilar Sampedro e Cristina Novoa, que coordinaron este monográfico. As visións dun ilustrador, unha inspectora e un director de centro completan esa visión panorámica do que hoxe representan as bibliotecas escolares. Inclúe unha entrevista ao profesor Juan Mata e unha listaxe de recursos bibliográficos impresos e electrónicos.