Xa está publicada no Portal Educativo a Resolución de 22 de decembro, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve a convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2010/2011. Neste curso reciben axudas para o seu funcionamento un total de 200 Clubs de Lectura de centros que matriculan alumnado de ensino secundario, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.
Lémbrase a posibilidade de intercambiar lotes de libros con outros clubs de lectura, a través do "banco de libros" no blogue LIBROS A EITO. Pódense ofertar lotes de libros (enviando a listaxe a bescolares@gmail.com) e pedir libros en préstamo, logo de realizada a busca, directamente ao centro ofertante. Tamén teñen á súa disposición o blogue LER EN MAN COMÚN, onde poden atopar informacións específicas e difundir as súas bitácoras.