No Portal Educativo aparece hoxe publicada información relativa ao estudo estatístico que se vai levar a cabo en todas as comunidades autónomas, Galicia incluída, sobre a situación actual das bibliotecas escolares. O estudo está incluído no Plan Estatístico Nacional. Esta información fíxose chegar tamén a todos os centros implicados, vía correo electrónico. Deberán cubrir o formulario pertinente todos os centros de titularidade pública ou privada que impartan durante o curso 2010/2011 algunha das seguintes ensinanzas: Educación Primaria, Educación Especial (específica), Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato (reximes ordinario, adulto presencial e a distancia), Ciclos Formativos de F.P. de Grao Medio e/ou Grao Superior, Programas de Cualificación Profesional Inicial, e enisnanzas de sistemas educativos estranxeiros impartidas en centros autorizados polas Administracións Educativas.
Para a recollida de información os centros deberán acceder a un formulario vía web. Toda a información está recollida na carta do Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, nas instrucións e no manual metodolóxico. O prazo para cubrir o formulario remata o día 15 de novembro.