O pasado 28 de maio, o Ministerio de Educación fixo entrega en Fraga (Huesca) dos Premios Nacionais de Boas Prácticas na dinamización e innovación das bibliotecas escolares, correspondente ao ano 2009.
Foron cinco centros galegos os que recibiron galardón: CEIPR Frian-Teis (Vigo), CRA Mestre Manuel Garcés (Toiño), CEIP A Pedra (Bueu), IES Sanxenxo (Sanxenxo) e IES de Catabois (Ferrol). No blogue da biblioteca do CEIP Frian-Teis pódese ler a crónica deste acto. Parabéns ás comunidades educativas destes centros!