Xa está ás portas abril, mes de moita celebración arredor do libro e a lectura. Coma en anos anteriores, a IBBY (International Board on Books for young people) vén de editar o cartel conmemorativo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, correspondente ao ano 2010. Nesta ocasión, a responsable da ilustración é a debuxante Noemí Villamuza e o autor do texto é o escritor Eliacer Cansino, ámbolos dous españois e de recoñecido prestixo no ámbito da literatura que xa poden ler os máis novos. Pódese ler a mensaxe nas catro linguas oficiais do estado e tamén en inglés.
O reverso do cartel que distribúe a OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) recolle a relación de centros educativos que se sumaron á celebración deste día mediante accións específicas. Hai unha boa representación galega.