Cada día, todos os días do curso, as bibliotecas escolares ofrecen recursos e oportunidades para a aprendizaxe: aprendizaxe guiada e, de forma paulatina, aprendizaxe autónoma. Velaquí dous exemplos de distintos niveis educativos: No CEIP Milladoiro (Malpica, A Coruña), as rapazas e rapaces dos distintos ciclos andiveron a investigar sobre as mulleres científicas e, logo de recoller información en distintas fontes, prepararon unhas "conferencias" para os seus compañeiros e compañeiras. Pódemos coñecer esta actividade no blog da biblioteca: HIPATIA (6º B) - MARIE CURIE (5º B) - MARY ANNING (3º A) - SALLY RIDE (3º B) - ENHEDUANNA ( 2º)
Desde a Biblioteca do IES de Arzúa (Arzúa, A Coruña), chéganos información sobre uns traballos realizados por rapaces e rapazas do Ciclo Formativo de Agraria, que están accesibles nun "aula virtual" á que se pode acceder como convidado. En palabras da responsable da biblioteca e profesora ao cargo da materia na que se leva a cabo a experiencia "en todo este traballo é fundamental a busca de información a través da biblioteca e a través da rede".
Acceso ao conxunto dos traballos (entrar como persoa convidada)