Nace un novo blogue nunha biblioteca escolar galega. Nesta ocasión trátase do BIBLIOANTIOQUÍA, do IES Cidade de Antioquía, de Xinzo da Limia. Con este son xa 86 os blogues de bibliotecas escolares de secundaria. Pola súa parte, os centros de infantil e primaria que contan cun blogue de biblioteca escolar son 65. En total, 151 fiestras polas que asomarse a unha realidade: a das bibliotecas escolares galegas, en proceso de transformación cara ao novo modelo de biblioteca escolar, centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe no que se integra o mellor da cultura impresa e da cultura dixital, ao servizo dun ensino máis acorde coas necesidades do alumando actual. Algúns exemplos de bibliotecas escolares de secundaria:
- QUEREMOS LER, do IES de Catabois (Ferrol, A Coruña)
- PONTE VELLA, do IES Río Miño (Rábade, Lugo)
- CASTRO DE BARONCELI, do Ies Castro de Baronceli (Verín, Ourense)
- BLOGFESQUÍO, do Ies Fernando Esquío (Neda, A Coruña)
- BECERREABLOG, do IES de Becerrá (Becerreá, Lugo) (Interesante o listado de libros máis lidos no curso 08/09)
- BIBLIOTECA IES MANUEL ANTONIO, do IES Manuel Antonio (Vigo, Pontevedra)
- BIBLIOTECA PINO MANSO, do IES Pino Manso (O Porriño, Pontevedra)
- Unha biblioteca dun Conservatorio Profesional de Música, BIBLIOTECA DO CMUS de Lugo