O 2 de decembro, a Biblioteca Nacional en Madrid, acolleu o acto de entrega dos premios 2008 do Concurso Nacional de boas prácticas na dinamización das bibliotecas escolares, que convoca o Ministerio de Educación con carácter anual. Nesta ocasión, houbo, unha vez máis, nomes galegos na grella de centros premiados:
- IES CARLOS CASARES, de Viana do Bolo (Ourense), 2º premio
- IES AFONSO X O SABIO, de Cambre (A Coruña), 3º premio
- Colexio La Salle, Santiago de Compostela (A Coruña), 3º premio.
Os representantes das comunidades educativas destes centros estiveron acompañados polo Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e polo Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal (dirección xeral da que depende o programa de bibliotecas escolares desta consellería).
A prensa galega fíxose eco desta noticia: La Voz de Galicia, La Región, Atlántico.... Tamén o propio Gabinete de prensa do conselleiro, a través do Portal Educativo. No blogue dun dos centros premiados, o IES Afonso X o Sabio, pódese ler unha crónica máis próxima, narrada polo responsable da biblioteca deste centro.
Parabéns aos centros galardoados!