A instancias da IASL (International Association of School Librarianship), víñase celebrando nos últimos anos o Día da Biblioteca Escolar, o 4º luns de outubro. Desde o ano 2008, a proposta desta asociación internacional (referente do traballo a prol das bibliotecas nos centros educativos, como espazos indispensables para o desenvolvemento do traballo docente), é que se aproveite todo o mes de outubro para facer visible no conxunto das comunidades educativas, a importancia da biblioteca escolar e todas as súas posibilidades e recursos. O lema escollido para este ano pódese traducir por "Biblioteca Escolar: o panorama". (School Libraries: The Big Picture). Na páxina da IASL están dispoñibles marcapáxinas e carteis con este lema, ben suxerentes.